Contido reservado a maiores de idade

O contido desta sección é exclusivo para persoas con idade legal para consumir bebidas alcohólicas.

Marca o seguinte recadro se es maior de 18 anos, do contrario serás dirixido á páxina de inicio desta web.

Desfruta dun consumo responsable

A nosa Adega

Herdeiros dunha tradición milenaria no cultivo da uva, a familia Moure decidiu transformar este coñecemento nun sinal de identidade, fundando en 1958 Adegas Moure.

Todos os pobos son o que son porque conservan as súas orixes, a nós foinos legado o arte da alquimia, por iso elaboramos os viños e licores con máis calidade e prestixio, gañando os eloxios da crítica e véndonos respaldados por máis de 120 premios nacionais e internacionais (Burdeos, Montreal, Bruxelas, Paris, Verona, Madrid, Nova Iorque).

As nosas instalacións

                              A Adega

vinoBuscamos dar o mellor de nós mesmos. Queremos que cando probe os nosos viños e licores, sexa para vostede un momento especial, un momento de celebración, que poida evocar na súa mente toda a lenda da nosa terra e dos nosos viñedos. Que nos matices de cada grolo se sinta trasnportado á ladeira máis soledada onde se asenta a nosa adega. Queremos ofrecerlles todo isto, buscando sempre a máxima calidade, a perfección.


                              A Destilería

vinoXeración tras xeración, foinos legado oArte da Alquimia, arte milenario, que seguiremos transmitindo ós nosos fillos. Por iso desde 1958, tamén elaboramos Oruxos e licores e en 2003 construímos unha nova destilería para avanzar na nosa produción.