Contido reservado a maiores de idade

O contido desta sección é exclusivo para persoas con idade legal para consumir bebidas alcohólicas.

Marca o seguinte recadro se es maior de 18 anos, do contrario serás dirixido á páxina de inicio desta web.

Desfruta dun consumo responsable

A Ribeira Sacra

vino En Galicia, a zona máis verde e húmida do noroeste de España, atópase unha terra lendaria, máxica e misteriosa, A Ribeira Sacra.

Unha terra de extraordinaria beleza e grandes contrastes, os seus profundos vales fluviais, conxugan uns solos arxilosos ricos en minerais, cun soleado clima mediterráneo, dando lugar a un entorno único para o cultivo dos viñedos, unha personalidade única que se reflicte nos seus viños.

 

Os nosos Viñedos

 

vinoOs nosos viñedos centenarios descenden polas ladeiras do Río Miño, nun espectacular meandro coñecido como “O Cabo do Mundo”.

Amamos esta Terra, pero traballala implica un esforzo heroico e casi mítico, calquera visitante observando as pendentes nas que se sitúan os nosos viñedos, non alcanza a comprender como se poden extraer viños nestas terras, pero somos dun pobo ousado e valente, disposto a traballar duramente para sacar adiante o noso soño: obter os mellores viños, viños milenarios.