Ribeira Sacra

En Galicia, a zona máis verde e húmida do noroeste de España, atópase unha terra lendaria, máxica e misteriosa: A Ribeira Sacra, unha terra de extraordinaria beleza e grandes contrastes.

Os seus profundos vales fluviais conxugan uns solos arxilosos, graníticos e lousados, ricos en minerais con un soleado clima mediterráneo, dando lugar a un entorno único para o cultivo das viñas, unha personalidade única que se reflicte nos seus viños.

A nosa vinculación coa Ribeira Sacra, o impulso posto na creación da denominación de orixe, en fin, o compromiso coa nosa terra, é o que máis nos comprace en Adegas Moure