gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Abadía da Cova Alma Negra (Licor café Blue Mountain e Yauco Selecto) (70 cl)

Licores e Destilados

Este licor rende homenaxe a Rosalía de Castro, escritora galega de maior relevancia e símbolo do noso pobo e cultura, que puxo a súa voz e a súa vida ao servizo da dignificación da nosa lingua, das nosas mulleres e os desfavorecidos, en tempos nada propicios.

Licor café procedente dos corazóns de augardente das nosas propias vinificacións, amparadas na DO Ribeira Sacra.

Indicación Xeográfica Licor Cafeé de Galicia

Variedades: Mencía na súa maior parte

Elaboración: Destilación por arrastre de vapor con rectificadores en alambiques de 259 kg. Só se aproveitan os corazóns de destilación. Posterior maceración con froitos e especias.

Tipo de café: Café natural das montañas de Costa Rica. Café Blue Mountain das montañas azuis de Xamaica.

Procedencia: Xamaica e Costa Rica

Tostado: Tostado de forma natural polo noso mestre tostador. Repousa tres días antes de comenzar o macerado

Cata: Aspecto limpo e cristalino, cunha atractiva cor caoba. Aromaticamente moi expresivo con notas de café natural, cacao, toques de chocolate, tostados e especias. Notas de froitos secos e matices de froita. En boca é aveludado, denso e saboroso, de grande estrutura e paso horizontal. Presenta unha longa persistencia.

Temperatura de servizo: 10/12°

Grao: 31% vol.

Capacidade: 700 ml

Cata de Augardentes de Galicia 2015: Pote de Ouro

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2018: Gran Ouro

Botella 70cl

Productos Relacionados
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.