gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Licor de herbas de Galicia (70 cl)

Licores e Destilados

Licor de herbas, procedente da destilación de uvas das nosas propias vinificacións, e de outras amparadas na DO Ribeira Sacra.

Indicación Xeográfica Licor de Herbas de Galicia

Variedades: Mencía

Elaboración: Destilación por arrastre de vapor con rectificadores en alambiques de 250 kg. Só se aproveitan os corazóns de destilacións. Posteriormente, maceración con unha coidada selección de máis de dez tipos de herbas, moitas delas medicinais, que repousan durante un tempo mínimo dun mes.

Cata: De aspecto cristalino e brillante con un ton limón. Aroma de froita cristalizada, tons anisados, flores frescas e herbas do monte En boca é longo, balsámico, equilibrado e de agradable final

Temperatura de servizo: 10/12°

Grao: 31% vol.

Capacidade: 500/700 ml

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2017: Prata

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2018: Prata

9,60 € Botella 70cl

Productos Relacionados
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.