gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Abadía da Cova Alma Nosa (70 cl)

Licores e Destilados

Alma Nosa homenaxea a figura de Castelao, narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político, considerado un dos persoeiros máis importantes da cultura galega. Un intérprete fiel do seu pobo, das súas dores e esperanzas. “Se sacades o que de galego e de humano na miña obra, non quedaría nada dela”.

Licor de herbas procedente de corazóns de augardente das nosas propias vinificacións, amparadas na DO Ribeira Sacra.

Indicación Xeográfica Licor de Herbas de Galicia

Variedades: Mencía

Elaboración: Destilación por arrastre de vapor con rectificadores en alambiques de 250 kg. Só se aproveitan os corazóns de destilación. Posterior maceración cunha coidada selección de máis de dez tipos de herbas, aromáticas e medicinais, que repousan durante un tempo mínimo dun mes.

Cata: De aspecto cristalino e brillante cun ton limón. Aroma de froita cristalizada, notas anisadas, flores frescas e herba de monte En boca é longo, balsámico, equilibrado e de agradable final

Temperatura de servizo: 10/12°

Grao: 31% vol.

Capacidade: 700 ml

Sae ao mercado en 2018

Botella 70cl

Productos Relacionados
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.