gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Abadía da Cova Alma Vella (Augardente envellecida 11 anos) (70 cl)

Licores e Destilados

Alma Vella rende homenaxe a Eduardo Pondal, entusiasta defensor e protagonista do movemento galeguista, que encamiñará toda a súa obra á recuperación da lingua e cultura galega e á decidida defensa da liberdade do seu pobo. Unha texto (Os pinos) do seu libro de poemas “Queixumes dos pinos” é a letra do himno galego.

Augardente envellecida con corazóns de bagazos procedentes das nosas propias vinificacións, amparadas baixo a Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Indicación Xeográfica Augardente de Galicia.

Variedades: Albariño, Godello e Mencía

Elaboración: Destilación por arrastre de vapor con rectificadores en alambique de 250 kg. Só se aproveitan os corazóns de destilación. Engádeselle á súa vez unha parte de destilado de lías, obtido das nosas mellores vinificacións. Finalmente realizará unha crianza en barricas novas de carballo francés Limousin de 225 l, durante máis de 11 anos.

Cata: Cor ámbar, con reflexos brillantes e dourados. Limpo e intenso. Aromas a notas tostadas e froitos secos. Mel, brioche, especiados e recordos a flores silvestres e tons afumados. En boca é moi elegante e complexa. De grande estrutura e forza, saborosa e cunha marcada personalidade.

Temperatura de servizo: 15/18°

Grao: 39% vol.

Capacidade: 700 ml

Sae ao mercado en 2018

Botella 70cl

Este producto non está á venda

Productos Relacionados

Augardente de bagazo (70 cl)

Licores e Destilados

Augardente branca dos corazóns de bagazos das nosas propias vinificación e de bagazos amparados na DO Ribeira Sacra Indicación Xeográfica Augardentes de Galicia.

12,20 € Botella 70cl

Augardente de bagazo (50 cl)

Licores e Destilados

Augardente branca dos corazóns de bagazos das nosas propias vinificación e de bagazos amparados na DO Ribeira Sacra Indicación Xeográfica Augardentes de Galicia.

12,40 € Botella 50cl

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.