gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Augardente de bagazo (50 cl)

Licores e Destilados

Augardente branca obtida a partir dos corazóns de bagazos das nosas propias vinificación e de bagazos amparados na DO Ribeira Sacra Indicación Xeográfica Augardentes de Galicia.

Variedades: Principalmente Mencía, Albariño e Godello.

Elaboración: Destilación por arrastre de vapor con rectificadores en alambiques de 250 kg. Só se aproveitan os corazóns de destilación coa mellor fracción aromática.

Cata: Aspecto cristalino, limpo e brillante. Aroma intenso con carácter, herbas de bosque, especiados, flores secas. En boca é balsámico, concentrado e equilibrado.

Temperatura de servizo: 8/10°

Grao: 45% vol.

Capacidade: 500/700 ml.

XVIII Cata de augardentes de Galicia 2016: Pote de Ouro

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2017: Gran Ouro

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2018: Gran Ouro

12,40 € Botella 50cl

Productos Relacionados

Augardente de bagazo (70 cl)

Licores e Destilados

Augardente branca dos corazóns de bagazos das nosas propias vinificación e de bagazos amparados na DO Ribeira Sacra Indicación Xeográfica Augardentes de Galicia.

12,20 € Botella 70cl

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.