gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Anna V. (Xenebra Premium) (75 cl)

Licores e Destilados

Xenebra Premium de Abadía da Cova

Anna V é o nome da nosa xenebra Premium que rende homenaxe á fundadora, Dona Ana Vázquez, pioneira, innovadora e base fundamental para que a marca que lle rende tributo ocupe o lugar que ostenta na actualidade.

Elaboración: Sistema de destilación London Dry Gin. Realízase unha dobre destilación de gran de trigo enteiro e natural. Unha vez obtido o destilado, macérase coa receita de botánicos de Abadía da Cova, que contén bagas de cimbro, sementes de coandro, raíz de anxélica, infusión de té e peles de laranxa e limón. Unha vez extraído todo o que nos interesa, re-destilámolo, para así obtermos un produto moito máis fino, limpo e de maior calidade.

Cata: Visualmente é transparente e cristalina. En nariz presenta intensas notas cítricas e de froita, con recordos a flores silvestres e notas especiadas. En boca é complexa e suave, con tons de cítricos, minerais e matices a froita de óso

Temperatura de servizo: 9° *Recomendamos acompañar cun fino toro de mazá

Grao: 40°

Capacidade: 700 ml

19,30 € Botella 75cl

Productos Relacionados

Augardente de bagazo (70 cl)

Licores e Destilados

Augardente branca dos corazóns de bagazos das nosas propias vinificación e de bagazos amparados na DO Ribeira Sacra Indicación Xeográfica Augardentes de Galicia.

12,20 € Botella 70cl

Augardente de bagazo (50 cl)

Licores e Destilados

Augardente branca dos corazóns de bagazos das nosas propias vinificación e de bagazos amparados na DO Ribeira Sacra Indicación Xeográfica Augardentes de Galicia.

12,40 € Botella 50cl

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.