gl es en

Ribeira Sacra

No corazón de Galicia, nos límites entre o sur de Lugo e o norte de Ourense, a natureza quixo facer poesía de contrastes. Conseguiu que o Miño abrazara ao Sil e formou uns canones de dramática beleza.

Orografía

A Ribeira Sacra sitúase entre o sur da provincia de Lugo e o norte da provincia de Ourense, ao abeiro do río Miño e o río Sil. Nesta zona do interior de Galicia, o solo de carácter aluvial e de orixe granítica e de lousa, forma grandes desniveis ás marxes do río, erosionados durante milenios. O topoclima xerado nestas áreas, tradicionalmente de corte oceánico, adquire un carácter máis mediterráneo, o óptimo para unha boa maduración na nosa latitude.

Historia

Hai máis de dous mil anos os romanos chegaron a Galicia e implantaron a súa cultura. Unha das súas actividades agrícolas máis importantes era o cultivo da vide e a elaboración de viño e, para iso, buscaron as mellores zonas para cultivalas. Súas son moitas das muras e bancais que aínda hoxe gobernan a paisaxe. O viño que obtiñan nesta zona era moi recoñecido e dise que llo levaban ao propio César en Roma.

Centos de anos despois, os monxes encontraron aquí un lugar illado, con solos fértiles, un clima agradable e abundante auga, como para asentárense e construír os seus mosteiros. Hábiles nos cultivos, levaron as vides a moitas zonas da nosa xeografía e propagaron o consumo do viño.

Monxe bebendo viño nunha miniatura medieval
Representación da vendimia nun relieve Romano

O compromiso coa nosa terra é innegable. Adegas Moure foi unha das adegas que se agruparon de inicio para crear a denominación de orixe Ribeira Sacra, co obxectivo de impulsar e protexer os viños e viñedos desta zona.

Esta denominación de orixe, que navega entre o río Miño e o Sil, alberga unha grande variedade de nichos ecolóxicos. Unha das características máis relevantes da zona é o cultivo en bancais (muras), pola forte pendente destes canóns. Pola dificultade de cultivo que representa, denomínase “viticultura heroica”, formando parte do CERVIM, asociación que pon en valor a viticultura de montaña.

Dentro da denominación de orixe Ribeira Sacra, a subzona na que nos encontramos é a de Ribeiras do Miño. En concreto na parroquia de A Cova, lugar de Cuñas, aínda que posuímos viñedos en diferentes áreas de produción dentro da Denominación de Orixe. Os solos e o mesoclima desta área varían en gran medida ao longo das diferentes zonas e mesmo a nivel de parcela, de aí a importancia do tipo de solo, pendente, altitude e orientación.

Os datos climáticos arroxan valores de temperatura media de 14º e unha pluviometría de 900 mm ao ano nas Ribeiras do Miño (270 mm de abril a setembro), ademais de lixeiros ventos. A humidade relativa ronda o 70%, contando con en torno a 180 horas de sol mensuais.Na actualidade, estes valores estanse vendo afectados polo proceso de cambio climático que estamos a sufrir. Nos últimos anos estamos acadando temperaturas máis altas, un clima máis seco e veráns máis longos. Preocúpanos mito este grave problema e traballamos por reducir ao mínimo a nosa pegada de carbono.

Por estes motivos, o noso compromiso coa natureza é o de formar un único tándem, que nos conduza a unha agricultura sustentable, integrada na paisaxe e no que ambas as dúas partes saiamos beneficiadas. A contorna, cunha maior diversidade de especies e hábitats; e nós, cun gran viñedo e un viño de altura.

Convidámolos a coñecer un lugar único da man de Abadía da Cova...

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.