gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Abadía da Cova Amarante

Viños

Colleita: 2016

Variedade de uva: Mencía e Merenzao.

Viticultura: Heroica en bancais. Todos os traballos se fan de forma manual.

Viñedo: A Granxa

Orientación: Sur – Suroeste

Altitude: 460 m.

Arquitectura: en bancais.

Pendente: 64 %.

Solo: Granítico con trazas de lousa; con predominancia de limos e areas. Posúe cuberta vexetal seleccionada e espontánea.

Idade do viñedo: 35 anos.

Condución: En espaller a cordón simple.

Poda: Royat.

Densidade de plantación: 4700 cepas/ha.

Vendima: Manual en caixas de 18 kg.

Heroes: José Ramón e Manuel velan por esta viña con mucho respecto e atención.

Elaboración: Selección manual da uva. De seguido debágase e esmágase de forma leve. A uva Mencía vinifícase mediante un sangrado, macerando apenas seis horas; o Merenzao fermenta e macera a baixa temperatura durante quince días. Elabóranse en depósitos de aceiro inoxidable independentes. Ambos os dous viños son ensámblanse ao finalizar a fermentación e o resultado repousa polo menos tres meses en depósito.

Anada 2016: Ano de alta pluviometría e temperaturas medias nos primeiros seis meses. A partir de aí, o ano foi moi seco e caloroso. Ese clima favoreceu unha temperá e excelente maduración. A vendima realizouse entre o 6 e o 15 de setembro.

Temperatura de servizo: 8/10°.

Grao alcohólico: 12.4 % vol.

Acidez total: 5.3 g/l.

Tempo de garda: Até 2 anos. Consumir preferentemente durante o primeiro ano.

Notas de cata: Atractiva cor vermella framboesa de grande intensidade, limpo e brillante. Aromas a froitos vermellos sobre un fondo floral, lácteos e caramelo vermello, moi fresco e especiado, con matices de regalicia e herbas aromáticas. En boca é sedoso, afroitado, cunha excelente acidez. Tacto graxo e saboroso, cunha grande complexidade e volume.

Guía Peñín 2018: 90 puntos.

*2ª anada no mercado do rosado de Abadía da Cova

Botella 75cl

Productos Relacionados
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.