gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

A Fuga

Viños

Colleita: 2016

Variedade de uva: Mencía.

Viticultura: Heroica en bancais. Todos os traballos se realizan de forma manual.

Viñedo: Finca Arrancada e parcelas de pequenos viticultores

Orientación: Sur

Altitude: 480 m.

Arquitectura: En bancais.

Pendente: 58 %.

Solo: De granito con trazas de lousa. Presenta cuberta vexetal permanente.

Idade do viñedo: 10/60 anos.

Condución: En espaller a cordón simple.

Poda: Royat.

Densidade de plantación: 4350 cepas/ha.

Vendima: Manual en caixas de 18 kg.

Heroes: Ramón e Antonio coidan deste viñedo con honestidade.

Elaboración: selección manual dos acios. A uva entra sen cango e esmágase lixeiramente. Ferméntase en tanques de aceiro inoxidable a temperatura controlada. O viño repousa nas súas propias lías durante dous meses antes de ser embotellado. Para preservar as súas cualidades, non sofre ningún proceso de clarificación.

Anada: Ano de elevada pluviometría e temperaturas medias na primeira metade do ano. O verán foi caloroso e seco e as plantas necesitaron todas as reservas de auga dispoñibles. A pesar diso, conseguiuse unha boa madurez, con uvas sas e equilibradas. A vendima realizouse entre o 21 e 23 de setembro.

Temperatura de servizo: 12/14° (Recomendamos deixar respirar todos os nosos viños de Mencía).

Grao alcohólico: 12.1 % vol.

Acidez total: 5.1 g/l.

Garda recomendada: Até 2 anos. Consumir preferentemente durante o primeiro ano.

Notas de cata: Tons morados e vermellos, de capa media, limpo e brillante. Aromas frescos, de froitos vermellos e flores brancas, combinado con herbas de monte cunha certa mineralidade. En boca, fresco, sabor a froita e con tons florais. Recordos balsámicos. Acaba acompañado por unha boa acidez.

Guía Peñín 2018: 88 puntos.

Guía de viños de Galicia 2017: Ouro.

5,75 € Botella 75cl

Productos Relacionados
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.