gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

A Rosa do viño

Viños

Colleita: 2015

Variedade de uva: Garnacha tintureira e Mencía.

Viticultura: Heroica en bancais. Todos os traballos se realizan de forma manual.

Viñedo: Finca de Pena Fión e O Mineral

Orientación: Sur

Altitude: 370 m.

Arquitectura: En bancais.

Solo: De lousa con trazas graníticas e diferentes tratamentos do terreo.

Pendente: 48 %.

Idade do viñedo: 70 anos

Condución: Sistema tradicional.

Poda: Guyot simple.

Densidade de plantación: 4300 cepas/ha.

Vendima: Manual en caixas de 18 kg.

Heroes: Senén, Fernando e José Ramón poñen todo o seu empeño neste viñedo para lograren o mellor resultado destas uvas.

Elaboración: A uva é escollida en mesas de selección polo noso equipo. A fermentación alcohólica e maloláctica realízase en barricas de carballo francés de 400 l a temperatura controlada e posterior crianza sobre as súas lías. Embotellado sen clarificado para preservarmos os seus armas e estrutura. Polos seus procesos naturais de elaboración pode producir algún precipitado en botella que non altera as súas calidades.

Anada: O ano comezou cun inverno húmido, coas choivas habituais. A primavera foi cálida e máis seca do normal e así seguiu até a vendima. Conseguiuse unha moi boa maduración, aínda que as plantas sufriron pola seca nos últimos períodos do verán. A vendima adiantouse e tivo lugar entre o 2 e o 18 de setembro.

Temperatura de servizo: 14/16° (Recomendamos abrir media hora antes do seu consumo para osixenar).

Grao alcohólico: 13.3 % vol.

Acidez total: 6.5 g/l.

Garda recomendada: De 1 a 10 anos. O viño afínase e aparece máis froita, complexidade e profundidade.

Notas de cata: Atractivo cereixa intenso de capa alta con reberetes granate. Complexo e moi aromático, márcanse en nariz recordos minerais, de lousa. Notas de froitos vermellos e negros, aromas silvestre, cravo, pementa, balsámicos e café. En boca moi envolvente, elegante, de gran carga de froita, estruturado, amplo e persistente na vía retronasal. Presenta taninos maduros e potentes.

Guía Peñín 2018: 93 puntos.

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2018: Ouro.

Robert Parker 2017: 90 puntos.

Concours Mondial de Bruxelles 2017: Medalla de prata.

Botella 75cl

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.