gl es en

Viticultura heroica

É o único tipo de viticultura posible, debido a que as mellores condicións para o viñedo están nas ladeiras do río, con inclinacións que alcanzan o 70 %. Todos os traballos son realizados de maneira meticulosa de de forma manual polo noso equipo de viticultura.

En Abadía da Cova, o viñedo actúa como eixo vertebrador duns produtos con características únicas. O terrón (terroir) adquire unha dimensión esencial, ao non depender exclusivamente do clima e o tipo de solo, senón das condicións de cada pendente, da súa orientación, insolación e humidade nas súas diferentes partes.

Buscamos nestas abas, orientacións sur ou sur-oeste, a altitude adecuada para unha correcta temperatura, o solo e insolacións óptimas... e o río, como factor determinante de todos eles. É a busca do lagar que mellor exprese as características de cada unha das nosas variedades, para así cultivalas tan só no terreo ao que mellor se adapten. A suma destes factores acabará por esclarecer o misterio... anada tras anada.

A viticultura heroica é o único tipo de viticultura posible, debido a que as mellores condicións para o viñedo están nas ladeiras do río, con inclinacións que alcanzan o 70 %. Todos os traballos son realizados de maneira meticulosa de de forma manual polo noso equipo de viticultura.

Vendimiador da Ribeira Sacra, nas escarpadas beiras del Miño

Os principios de ecoloxía, respecto e compromiso co medio, así como a preservación desta área natural, sempre foron primordiais para a nosa empresa. Hoxe en día estamos afondando no coñecemento dos principios biodinámicos, ensaiando nos nosos viñedos experimentais para poder beneficiarnos destes coñecementos e melloras as condicións de cultivo das nosas vides.

Temos varias estacións meteorolóxicas nos propios viñedos, que nos permiten medir os valores atmosféricos e de solo das nosas parcelas, así como establecermos protocolos de actuación que nos permitan sacar o mellor rendemento das nosas cepas, pero tamén como previr posibles infeccións por parte de fungos non desexables.

Nos nosos viñedos temos dous tipos de solos fundamentalmente. Na zona de Ribeiras de Miño e Amandi, os solos son fundamentalmente graníticos, con vetas de lousa e xistos. Na parte de Montefurado e Quiroga, son solos de lousa de areas e arxila.

Nos viñedos traballamos tres sistemas de condución principais. O sistema tradicional, que constitúe vides en “vaso”, ou sistema vertical, con poda de “guyot” (polgar ou cotón e vara) simple ou dobre, limitando o número de xemas en función do vigor e saúde de cada cepa. Este sistema de condución representa unhas 5,5 hectáreas de viña, repartidas en numerosas parcelas de pequeno tamaño. Alberga as cepas máis antigas da propiedade, que tratamos de preservar cun coidado extremo nas súas condicións de cultivo.

O emparrado ou lobio utilizámolo nas dúas fincas de Albariño da casa, tamén das máis antigas. Representan unhas 3,5 hectáreas de viñedo e permítenos controlar o vigor destas inquietas cepas, así como aproveitar o 100 % da enerxía solar, por ser un sistema de superficie continua.

Nas viñas máis recentes, estamos cultivando en espaller. As cepas guíanse a dobre cordón, cordón simple ou en sistema vertical con poda de cotón e vara (guyot). Actualmente hai unhas 9,5 hectáreas de viñedo neste último sistema de condución.

Cultivamos as nosas uvas en varias zonas dentro da DO.. Como área principal encontramos as Ribeiras do Miño, sen embargo tamén producimos uvas en Amandi, Montefurado e Quiroga. Esta diferenciación de parcelas apórtanos características diversas e grandes contrastes nos parámetros das uvas. O que se pretende é conseguir unha maior profundidade e orixinalidade nos diferentes tipos de viño.

“O que se pretende é acadar unha maior profundidade e orixinalidade nos diferentes tipos de viño.”

A adega produce a maior parte das uvas que utilizamos nos nosos viños. Sen embargo hai parcelas interesantes e grandes viticultores que nos aportan uvas ás que non poderiamos ter acceso de outra maneira. Só compramos uva de viticultores de confianza, cos que levamos traballando máis de vinte anos como media. Clasificamos as parcelas e destinamos esa uva aos viños que cremos máis oportuno. Traballamos cóbado con cóbado para que o viñedo se traballe de maneira óptima, respectuosa e cos nosos propios criterios de calidade. Guiamos e apoiámonos mutuamente con cada viticultor durante todo o proceso, até obtermos o mellor resultado en cada caso.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.