Adegas Moure

Herdeiros dunha tradición milenaria no cultivo da uva, a familia  Moure decidiu transformar este coñecemento nun sinal de identidade, fundando en 1958 Adegas Moure. Máis de 190 premios nacionais e internacionais nos avalan: Francia, Inglaterra, Italia, Bélxica, España…

As Nosas Instalacións

A Adega

Para elaborar os nosos viños combinamos os sistemas tradicionais coas novas tecnoloxías, poñemos o noso esforzo e o noso mimo buscando sempre a máxima calidade.

A Destilería

Xeración tras xeración foinos legado a arte da alquimia. Arte milenaria que xunto ós coñecementos actuais nos permite elaborar as nosas augardentes e licores.

 

As Nosas Viñas

As nosas viñas centenarias descenden polas ladeiras do Río Miño, en A Cova, mirando ó espectacular meandro coñecido como “O Cabo do Mundo”,

Amamos esta Terra, pero traballa implica un esforzo heroico e case mítico. Calquera visitante observando as pendentes nas que se sitúan as nosas viñas non alcanza a comprender cómo se poden extraer viños nesas terras, pero somo un pobo ousado e valente, disposto a traballar duramente, conservando o noso medio, para sacar adiante o noso soño: obter os mellores viños.