Adegas Moure nace da idea dun xove Baldomero e continúa a súa andaina xeración tras xeración, no seo dunha familia humilde e traballadora. E iso fainos sentir moi orgullosos.

Retrato dun novo Baldomero Moure tras a súa chegada a Cuba.

O día no que José Moure proba un viño da uva chamada Albariño... mmm...

José Moure fillo e Evaristo Rodríguez, terceira xeración da adega.

Paloma Rodríguez, Adrían Rodríguez e José Moure, cuarta xeración.

A orixe

Historia

Todo sueño tiene un catalizador. Una idea, que se transforma en una filosofía, y que termina convirtiéndose en historia, y en algún caso, en vino. Y el catalizador de nuestro sueño fue Baldomero Moure.

1892

Baldomero Moure Pérez nace en Arxuá, parroquia de A Cova, en 1892. Criado no seo dunha familia humilde, tivo que emigrar a Cuba na procura de traballo. Alí traballa na industria do ferrocarril, até chegar ao posto de capataz e consegue os seus primeiros aforros.

De regreso en Galicia, casa con Carmen López Moure, natural do Priorado. Carme, ao cabe duns anos, herda unhas pequenas terra en A Cova, lugar de Cuñas (onde actualmente se encontra a adega). O seu marido Baldomero, un namorado dos viños desta zona, comeza a comprar, cos aforros que trouxera de América, e agrupar pequenas fincas (algo propio do minifundismo) e cultivalas con viñedo, creando así as primeira parcelas da propiedade.

Retrato dun novo Baldomero Moure tras a súa chegada a Cuba.

1920

A comezos dos anos vinte, elabóranse os primeiros viños, que se venderían a granel e a nivel local, debido ao momento histórico que se vivía na zona, que imposibilitaba a venda do viños embotellados. Ao mesmo tempo, cos restos daquelas vinificacións, comézanse a destilar os primeiros bagazos. Nun primeiro momento, ao adquirir Baldomero a súa primeira alquitara e, anos máis tarde, mediante destilación en alambique.

1958

Deste matrimonio nace José Moure, “Pepe de Cuñas”, que será, xunto á súa esposa Ana Vázquez, fundador de Adegas Moure en 1958.

Nos anos cincuenta, este mozo emprendedor elabora e embotella as súas primeiras augardentes -antes mesmo que os viños-, aproveitando que tiña sona de ser un gran destilador. A primeira augardente da casa chamábase “Josana”, de José e Ana, que comeza a distribuír en Galicia.

O día no que José Moure proba un viño da uva chamada Albariño... mmm...

1963

Na primavera de 1963, o caso do metílico fundiu a outros produtores de augardentes, na crise máis importante do alcohol en España. Este feito sitúao nunha situación vantaxosa grazas á sanidade e calidade do seu produto. O fundador decide, xa naqueles tempos, procurar os mellor resultado posible nas súas augardentes, usando só materia prima óptima e realizando os primeiros destilados da zona cunha boa separación dos seus compoñentes para conseguir os resultados máis satisfactorios.

Non sabemos que viño probara uns anos antes Pepe, para que decidise arrancar as froiteiras de aquel terreo de Cuñas e plantar Albariño. O que si sabemos é que aquel lugar reunía unhas condicións excepcionais para o cultivo desa uva. E el acabou por se converter en pioneiro na zona posteriormente coñecida como Ribeira Sacra. Hoxe en día é o noso espazo máis emblemático, a antiga finca de Cuñas que custodia a adega. É curioso pensar como ás veces o simple feito de probar unha copa de viño pode cambiar tanto a historia.

1982

En 1982 produciríase outro feito importante no crecemento de Adegas Moure: a incorporación da terceira xeración. Evaristo Rodríguez e José Manuel Moure, que serían os grandes impulsores deste viño no mundo.

José Moure fillo e Evaristo Rodríguez, terceira xeración da adega.

1986

A boa formación e visión dos novos xerentes da empresa provoca un grande salto cualitativo. En 1986 constrúese unha nova adega (que na actualidade alberga a sala de barricas) con tecnoloxía máis avanzada e modernízanse as técnicas tanto de cultivo como de vinificación, ao que anos máis tarde se unirían as melloras nos sistemas de destilación. Coménzanse a embotellar augardentes coas marcas de “A Chisca” e “ Cepa” e, uns poucos anos máis tarde, os primeiros viños.

O Abadía da Cova Branco é o primeiro viño de Adegas Moure, composto integramente de Albariño da finca de Cuñas.

1995

A nosa pequena empresa comezou a medrar, apostando por viños e augardentes de calidade e axiña se situou como sostén para a propia Denominación de Orixe pois, xunto con outras dúas adegas, foi pioneira en aglutinar esforzos para a formación deste selo de calidade. Desas reunións xorden as ideas para a súa constitución (cun papel destacado por parte de Evaristo Rodríguez, actual xerente da casa) e que desembocarán na creación da mesma en 1995.

2004

No ano 2004 constrúese a actual adega de vinificación de viños do ano, laboratorio e unha adega de miro-vinificación, onde se desenvolven os proxecto de I+D+i.

A empresa continúa o seu proceso de crecemento consolidándose como unha entidade innovadora e un referente dentro da Ribeira Sacra. Desde as primeiras elaboracións, conséguense numerosos premios e recoñecementos locais, nacionais e internacionais e comézase a exportar viño a diferentes países europeos como Suíza, Alemaña, Austria, Finlandia ou Suecia e tamén a outros mercados como México, O Canadá, USA ou A China.

Hoxe

Hoxe en día, a cuarta xeración da adega (Paloma, José e Adrián) comezan a súa andaina, continuando as vías de experimentación e melloras constantes no traballo de campo e adega, implantados na filosofía de Adegas Moure.

Paloma Rodríguez, Adrían Rodríguez e José Moure, cuarta xeración.

Adegas Moure

Filosofía

“En silencio e escuridade, a aletargada cepa comeza a se remover...”

A Ribeira Sacra representa unha contorna natural única, que temos o deber de preservar, para que poida gozar do, ao igual que nós, as xeracións futuras.

Somos unha pequena familia que se dedicou durante xeracións a elaborar viños e augardentes no corazón da Ribeira Sacra, nun lugar máxico coñecido como “O Cabo do Mundo”.

A razón de Abadía da Cova é elaborar viños, licores e augardentes coa menor intervención posible, respectando e protexer o medio ambiente. A meta que nos marcamos desde o nacemento desta empresa é a de mantermos a autenticidade e tipicidade da nosa materia prima, para que chegue aos nosos clientes coa maior garantía de calidade e orixe.

Estamos absolutamente implicados na viticultura de precisión, a conservación do territorio e o respecto polos valores culturais da nosa contorna. Realizamos todos os traballos de forma manual, na procura de produtos auténticos, sans e sustentables, para acadarmos os estándares de calidade máis elevados.

Compromiso coa contorna desde unha perspectiva humana, cultural e económica

Garantía de calidade e orixe

Mínima intervención na materia prima

Aposta polo enoturismo

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.