O legado da alquimia

Destilería

A destilación de bagazo para a obtención de augardentes está completamente vinculada en Galicia á elaboración de viño e constitúe unha práctica ancestral e profundamente arraigada na poboación galega, así como na nosa familia.

Os inicios

Os nosos devanceiros transmitíronnos o legado da alquimia, esa arte milenaria para a obtención de augardentes e licores do que nos sentimos tan orgullosos e que nos levou tamén a ser impulsores da Indicación Xeográfica “Augardentes e licores tradicionais de Galicia” aprobada no ano 1989.

Cada día tratamos de mellorar e de incorporar novos coñecementos co único fin de perfeccionar os nosos destilados. Buscamos solucións intelixentes para a conservación do bagazo, para optimizarmos as técnicas de destilación, mimando cada paso durante a estabilización maceración e envellecemento dos nosos destilados. Todo iso para elaborarmos a mellor augardente de Galicia, o máis representativo dunha longa tradición chea de éxitos.

Detalle da escotilla do alambique onde se destila o noso licor de herbas Abadía da Cova.

O método

Destilamos os nosos bagazos só de viños propios e de uvas amparadas na DO Ribeira Sacra. As nosas augardentes e licores está á súa vez amparados baixo a Indicación Xeográfica de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

O método utilizado para a obtención das nosas augardentes e licores é o coñecido como destilación por arrastre de vapor, que realizamos a temperatura controlada en pequenos vasos de destilación ou tambores de 250 kg. Só aproveitamos os corazóns de destilación coa mellor fracción aromática, que son seleccionados de forma manual polos nosos mestres destiladores José e José Ramón.

Ademais dos nosos augardentes, licores e cremas, elaboramos na nosa destilería un Gin Premium, mediante o método London Dry Gin de dobre destilación. Esta xenebra comercialízase baixo o nome da fundadora, Ana V., para facer tributo a unha muller que cambiou o curso de todos nós e de Adegas Moure.

Detalle da escotilla do alambique onde se destila o noso licor de herbas Abadía da Cova.

Viños

Viticultura de montaña

Unha imaxe das paisaxes e variedades da Ribeira Sacra.
Ver produtos

Licores

Somos destiladores

Os nosos antepasados trasmitíronnos o legado da alquímia.
Ver produtos
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.