gl es en

I+D+i

“A adega de micro-vinificacióńn é
a nosa sala de xogos. E de soños”

Abadía da Cova sempre foi un referente de innovación en Ribeira Sacra, como demostran os innumerables recoñecementos ás investigacións realizadas nos viñedos e na adega, que poden atesourar as entidades colaboradoras e diversas adegas coas que compartimos este apaixonante camiño.

Na actualidade, o obxectivo marcado é aumentarmos as nosas colaboracións en investigacións científicas, así como os proxectos de I+D+I de iniciativa propia da adega. Para iso, este mesmo ano estanse aumentando e mellorando as instalacións da adega de micro-vinificación e, ao mesmo tempo, asistimos ao nacemento dun proxecto impulsado pola nova xeración, co fin de elaborar un novo viño partindo dos coñecementos e técnicas máis actuais, tanto en campo como en adega.

Proxectos nos que estamos implicados

# VITALVER2017.

“Viños galegos con manexos vitícolas alternativos.”

Desenvolvemento dun ciclo integral que permita converter os residuos xerados na industria vitivinícola en biofertilizantes e biopraguicidas de alta calidade.

Proxecto en desenvolvemento


# PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DE ADEGAS MOURE 2017.

“Procesos de selección e inoculación de leveduras autóctonas dos noso viñedos”.

Desenvolvido pola UPM (Universidade Politécnica de Madrid).

Proxecto en desenvolvemento


# INNTER WINARGAL2015.

“Valorar a riqueza varietal e botánica de Galicia, así como os produtos vinícolas xerados”

Proxecto en desenvolvemento


# FEDER-INNTERCONECTA 2013.

“Manexo integrado de pragas e enfermidades en viñedo: Utilización de aceites vexetais e de peixe”.

En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela).


# FEDER-INNTERCONECTA 2011.

“Mellora potencial vitivinícola de variedades galegas. Optimización agronómica e efecto do microclima na incidencia de enfermidades producidas por fungos”


# PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DE ADEGAS MOURE 2008.

“Epidemioloxía e efectos negativos do virus do enrolado da vide na calidade dos mostos das principais variedades tintas cultivadas en Galicia”.

En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela).


# PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DE ADEGAS MOURE 2005.

“Adecuación de procesos de mantemento do solo alternativos á labra en viñedo en pendente en Galicia. Efectos agronómicos na calidade dos viños”


# PROGRAMA NACIONAL DE ALIMENTACIÓN 2002.

“Mellora da calidade e capacidade de competir dos viños”

En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela)


# INNOVA ADEGA 2000.

Programa nacional de recursos e tecnoloxías agro-alimentarias.

“Conservación dos recursos xenéticos de interese agro-alimentario”


# INNOVA ADEGA 1998.

“Investigación en melloras de produción e preparación técnica de adegas”

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.