gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Abadía da Cova Loia

Viños

Variedade de uva: Albariño, Godello, Treixadura e Loureira.

Viticultura: Heroica en bancais. Todos os traballos se fan de forma manual.

Viñedo: Finca Cuñas e As Cancelas

Orientación: Sur - Suroeste.

Altitude: 410 m.

Arquitectura: En bancais.

Pendente: 52 %.

Solo: De xisto e granito, con predominancia de limos. Presenta cuberta vexetal periódica.

Idade plantación: 40/45 anos.

Condución: Sistema de emparrado ou lobio.

Poda: Guyot.

Densidade de plantación: 3850 cepas/ha.

Vendima: Manual en caixas de 18 kg.

Heroes: Antonio e Ramoón tutelan de esta finca con rectitude e perseveranza, para obteren o mellor destas uvas.

Elaboración: A uva selecciónase de forma manual. Despois apartamos o cango e esmagamos levemente. Para a vinificación realízase unha maceración pelicular en frío. A fermentación ten lugar en depósitos de aceiro inoxidable con estrito control de temperatura. Cumpre unha crianza sobre lías en barricas de acacia. Repousará sobre as súas ías un mínimo de seis meses con batonnage periódicas.

Anada 2015: O inverno foi chuvioso, mais a partir da primavera o clima foi cálido e cada vez máis seco. O verán tamén foi caloroso, cun bo contraste de temperatura entre o día e a noite, que favoreceu unha excelente maduración. A vendima realizouse o 12 de setembro.

Temperatura de servizo: 7/10°.

Grao alcohólico: 13.1 % vol.

Acidez total: 5.7 g/l.

Garda recomendada: De 1 a 8 anos. Excelente evolución do viño en botella, cara a tons de maior complexidade, onde ademais xorden aromas de queroseno, mel e laranxa amarga, cunha boca fresca e chea de sensacións aromáticas.

Notas de cata: Cor amarela pallosa con reflexos dourados, denso e glicérico. Moi complexo e potente en nariz, foral e afroitado, con notas tostadas, especiadas e froitos secos. En boca é saboroso, fresco, sedoso. É longo e duradeiro, con perfecta acidez.

Guía Penñin 2018: 93 puntos.

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2018: Ouro.

Concours Mondial de Bruxelles 2017: Medalla de prata .

Botella 75cl

Este producto non está á venda

Productos Relacionados
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.