gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Abadía da Cova tinto barrica

Viños

Colleita: 2015

Variedade de uva: Mencía

Viticultura: Heroica en bancais. Todos os traballos se realizan de forma manual.

Viñedo: Fincas de A Seara, A Igrexa e Brinco

Orientación: Sur - Sueste

Altitude: 310 – 430 m.

Arquitectura: En bancais.

Solo: Solos de xistos, lousa e granito con variacións nos niveis de limos areas e arxilas.

Pendente: 45 % - 70 %

Idade do viñedo: 30/40 anos.

Condución: En espaller a cordón simple, dobre cordón e sistema tradicional.

Poda: Royat e Guyot simple.

Densidade de plantación: 3100 - 4700 cepas/ha.

Vendima: Manual en caixas de 18 kg.

Heroes: Carlos, Roberto, Manuel e Fernando, dan o mellor de si para levar estas viñas a una perfecta maduración ano tras ano.

Elaboración: Selección manual da uva. Debagado, estrullado e fermentación en troncocónicos de carballo francés de 4000 a 7000 litros. Posteriormente realiza unha crianza sobre lías en barricas carballo francés, americano e centroeuropeo de 400 l. O viño embotellase sen clarificar para preservar as súas características naturais. Pode producir algún precipitado en botella que non altera as súas calidades.

Anada: Ano con bastante choiva no inverno e unha primavera máis calorosa do habitual. O verán acentuou aínda máis esta inercia e as plantas acabaron sufrindo en determinados momentos. Sen embargo, o froito obtido foi de moi alta calidade. A vendima realizouse entre o 7 e 14 de setembro.

Temperatura de servizo: 14°/16º (Recomendamos abrir media hora antes do seu consumo para osixenar).

Grao alcohólico: 13.9 % vol.

Acidez total: 5.7 g/l.

Garda recomendada: De 1 a 8 anos. Viño de longo recorrido. É necesario agardar polo menos un ano para que o viño estea perfectamente equilibrado.

Notas de cata: ton cereixa picota, con reberetes rubís, intenso, limpo e brillante. Aroma completo e intenso, mineral, con froita madura, froitos negros e vermellos; matices de café, tabaco e herbas de monte. En boca é amplo e saboroso, con taninos maduros de elegante final e longa persistencia.

Guía Peñín 2018: 92 puntos.

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2018: Ouro.

XXIII Cata Ribeira Sacra 2107: Mellor viño de outras anadas. Premio Gran Patrimonio Ribeira Sacra.

Botella 75cl

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.