gl es en
A nosa tenda
Agardamos que no intre en que decantes a primeira botella, coñezas un pouco (ou moito máis) sobre o que se fixo para acadala.

Abadía da Cova tinto

Viños

Colleita: 2016

Variedade de uva: Mencía

Viticultura: Heroica en bancais. Todos os traballos se fan de forma manual.

Viñedo: Fincas de A Granxa, Pena Fión e O mineral

Orientación: Sur – Suroeste

Altitude: 460 m.

Arquitectura: en bancais.

Pendente: 38.% - 64 %.

Solo: Graníticos e de lousa, con diferentes cantidades de limos, arenas e arxilas.

Idade do viñedo: 25/70 anos.

Condución: En espaller a cordón simple e sistema tradicional.

Poda: Royat e Guyot simple.

Densidade de plantación: 3100 - 4700 cepas/ha.

Vendima: Manual en caixas de 18 kg.

Heroes: Joseé Ramón, Manuel, Fernando e Roberto, coidan destas cepas con moita atención e respecto.

Elaboración: Selecciónase toda a uva de forma manual. Debágase e efectúase un lixeiro estrullado. Ferméntase en depósitos de aceiro inoxidable e temperatura controlada durante dez días. O viño remóntase suavemente durante a fermentación e maceración. Repousará durante seis meses coas súas lías.

Anada: En inverno e primavera houbo unha elevada pluviometría, acompañada de temperaturas medias. A partir de aí o ano foi caloroso e seco e as cepas tiveron que aproveitar todas as reservas de auga dispoñibles para chegar a unha madurez moi equilibrada. A vendima realizouse entre o 23 e 30 de setembro.

Temperatura de servizo: 12/14° (Recomendamos abrir media hora antes do seu consumo para osixenar).

Grao alcohólico: 13.0 % vol.

Acidez total: 5.5 g/l .

Garda recomendada: De 6 meses a 4 anos. Despois duns meses de equilibrio en botella, o viño está lista para consumir. Recoméndase consumir no primeiro e segundo ano.

Notas de cata: Cor vermella cereixa con reberetes violáceos, de boa capa e brillante. Aroma intenso e limpo a froita vermella e froita negra, madura, con notas florais e varietais de marcada personalidade. En boca é saboroso e afroitado; encontramos grosellas, arandos, caramelo vermello, tamén bastante mineral, aínda que carnoso e cun punto de calidez moi agradable.

Guía Peñín 2018: 91 puntos.

Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2017: Ouro.

Wine & Spirits 2016: 91 puntos.

Botella 75cl

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.