gl es en

I+D+i

“A adega de micro-vinificacióńn é
a nosa sala de xogos. E de soños”

Abadía da Cova sempre foi un referente de innovación en Ribeira Sacra, como demostran os innumerables recoñecementos ás investigacións realizadas nos viñedos e na adega, que poden atesourar as entidades colaboradoras e diversas adegas coas que compartimos este apaixonante camiño.

Na actualidade, o obxectivo marcado é aumentarmos as nosas colaboracións en investigacións científicas, así como os proxectos de I+D+I de iniciativa propia da adega. Para iso, este mesmo ano estanse aumentando e mellorando as instalacións da adega de micro-vinificación e, ao mesmo tempo, asistimos ao nacemento dun proxecto impulsado pola nova xeración, co fin de elaborar un novo viño partindo dos coñecementos e técnicas máis actuais, tanto en campo como en adega.

Á cabeza da innovación

Destilería promotora para a creación da Indicación Xeográfica de Augardentes e licores tradicionais de Galicia

Adega impulsora da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Primeira adega en realizar un viño de Mencía con crianza en barrica

Primeiro rosado da DO en 2014

Proxectos nos que estamos implicados

# VITALVER2017.

“Viños galegos con manexos vitícolas alternativos.”

Desenvolvemento dun ciclo integral que permita converter os residuos xerados na industria vitivinícola en biofertilizantes e biopraguicidas de alta calidade.

Proxecto en desenvolvemento


# PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DE ADEGAS MOURE 2017.

“Procesos de selección e inoculación de leveduras autóctonas dos noso viñedos”.

Desenvolvido pola UPM (Universidade Politécnica de Madrid).

Proxecto en desenvolvemento


# INNTER WINARGAL2015.

“Valorar a riqueza varietal e botánica de Galicia, así como os produtos vinícolas xerados”

Proxecto en desenvolvemento

Máis información | Ficha técnica


# FEDER-INNTERCONECTA 2013.

“Manexo integrado de pragas e enfermidades en viñedo: Utilización de aceites vexetais e de peixe”.

En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela).


# FEDER-INNTERCONECTA 2011.

“Mellora potencial vitivinícola de variedades galegas. Optimización agronómica e efecto do microclima na incidencia de enfermidades producidas por fungos”


# PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DE ADEGAS MOURE 2008.

“Epidemioloxía e efectos negativos do virus do enrolado da vide na calidade dos mostos das principais variedades tintas cultivadas en Galicia”.

En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela).


# PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DE ADEGAS MOURE 2005.

“Adecuación de procesos de mantemento do solo alternativos á labra en viñedo en pendente en Galicia. Efectos agronómicos na calidade dos viños”


# PROGRAMA NACIONAL DE ALIMENTACIÓN 2002.

“Mellora da calidade e capacidade de competir dos viños”

En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela)


# INNOVA ADEGA 2000.

Programa nacional de recursos e tecnoloxías agro-alimentarias.

“Conservación dos recursos xenéticos de interese agro-alimentario”


# INNOVA ADEGA 1998.

“Investigación en melloras de produción e preparación técnica de adegas”

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.